XIADA: Etiquetador/Lematizador do Galego Actual

XIADA

Nesta sección poñemos accesible para a súa descarga o léxico utilizado polo Etiquetador/Lematizador do Galego Actual (XIADA). Este léxico, ordenado alfabeticamente e no que o tabulador actúa como separador entre os diferentes campos, recolle as diversas entradas organizadas primeiro en liñas —unha entrada por cada liña—; logo, xa no interior de cada liña, proporciónase a información relativa, respectivamente, á palabra, á etiqueta e ao lema. As etiquetas que aquí se empregan correspóndense co Etiquetario presentado nesta mesma páxina.

Autores

Licenza

O léxico aquí descargable distribúese baixo os termos da licenza Lesser General Public License For Linguistic Resources.

Descargas

NOTA: Os arquivos de texto incluídos no paquete descargable están codificados segundo o estándar ISO-8859-1, utilizando para os retornos de carro a codificación correspondente aos contornos Linux/UNIX. Noutros contornos os documentos non se visualizarán correctamente se se emprega o Bloc de notas. Empregue outro editor de textos que interprete esa codificación.

Referencias

As fontes que se empregaron para a confección deste léxico, organizadas cronoloxicamente en orde decrecente, son as que enumeramos deseguido: