CODOLGA: Corpus Documentale Latinum Gallaeciae

CODOLGA

Como me podo dar de alta?

O acceso ao sistema de buscas é totalmente aberto e gratuíto, non precisa darse de alta.

Que navegador podo usar?

Pode utilizar calquera navegador que estea relativamente actualizado, tendo en conta que debe ter activada a aceptación de cookies e javascript para o correcto funcionamento do sistema.

Como debo referenciar o corpus?

Corpus Documentale Latinum Gallaeciae (CODOLGA), versión 15 (2018), Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, <http://corpus.cirp.es/codolga>, [Consultado o: data da consulta].

Ao abrir os resultados das descargas en Excel vexo caracteres estraños. Como podo arranxalo?

Se ten Excel instalado no seu ordenador, cando descargue os resultados dunha busca indíquelle ao navegador que os quere descargar, e non abrir. A continuación execute o programa Excel e seleccione "Datos / Desde texto". Elixa o arquivo descargado e no cadro ou cadros de diálogo que van aparecendo debe seleccionar a codificación de caracteres UTF-8 e que o carácter de separación de campos sexa a tabulación.

Cando estou esperando por un resultado o navegador amosa a seguinte mensaxe: "No se puede mostrar la página".

En primeiro lugar debe saber que o servidor da aplicación de consulta do corpus non é o que lle dá esa mensaxe. En ocasións as conexións a Internet fanse a través dun proxy. Estes proxies teñen, habitualmente, un tempo de caducidade das páxinas que acostuma ser inferior aos 10 minutos que temos na aplicación de consulta do corpus, polo que pode ocorrer que a páxina caduque antes de que se lle devolva o resultado e apareza ese problema. Polo tanto, neste caso debe poñerse en contacto co seu administrador/a de rede ou o seu provedor/a de servizos de Internet para que lle ofrezan unha solución.

Por que tardan moito algunhas consultas?

A inmensa maioría de consultas do sistema resólvese con rapidez, normalmente non van máis alá duns poucos segundos. Pero a potencia do sistema de consultas dispoñible actualmente fai que algúns tipos de consultas poidan chegar a tardar demasiado. Se isto ocorre, a nosa recomendación é intentar delimitar máis a consulta para obter menos resultados: acoutar a busca a un só tipo de soporte ou tipo de outorgante, refinar a secuencia de texto de busca se se empregaron comodíns nela etc.