O Centro Ramón Piñeiro está encargado de promover, desenvolver e dar difusión a proxectos e programas galegos de estudos lingüísticos, literarios, históricos e antropolóxicos.
Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa.
Corpus Documentale Latinum Gallaeciae.
Base de datos Paleográfica da Lírica Galego-Portuguesa.
Bibliografía informatizada da lingua galega.
Corpus de Referencia do Galego Actual.
Base de datos do Dicionario de Termos Literarios.
Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval.
Banco de termos galegos recomendados.
Cadernos de Fraseoloxía Galega.
Informes de Literatura.
Arquivo Galicia Medieval.
Etiquetador/Lematizador do Galego Actual.
Sistema de conversión texto-voz bilingüe para Galego
Este Coloquio Internacional terá lugar os días 18 e 19 de novembro de 2021 no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Salón de Actos, San Roque, 2). Existe a opción de inscribirse como asistente. “Máis información”
Nota informativa relativa á proposta de resolución provisional no procedemento de convocatoria de once bolsas de formación en proxectos de investigación do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Actualizado o 28/09/2021). Máis información.
Nova versión 3.11 de MedDB con actualización do corpus lírico: MedDB3.
Publicado o número 21 dos Cadernos de Fraseoloxía Galega dispoñible ao completo e por artigos en CFG.
O catálogo en liña de publicacións do Centro Ramón Piñeiro actualízase con varios títulos. Na sección de Publicacións pode acceder ao catálogo completo incluíndo orixinais en formato dixital.
Nova versión 17 (2020) de CODOLGA en: http://corpus.cirp.gal/codolga
Nova versión 1.2 de Palmed que inclúe a actualización das cantigas, os criterios de transcrición e un interface renovado: PALMED.
Publicado un novo Informe de Literatura, cos datos do desenvolvemento da Literatura galega no ano 2018. Pode acceder a tódolos informes publicados en formato PDF na sección de Recursos.
Versión 3.1 de BILEGA con varias correccións e melloras.