Actualizado o 17/01/2022

Logo BiRMED: Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval

A Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval (BiRMED) é unha base de datos de bibliografía especializada na literatura medieval galego-portuguesa. Recompila referencias á produción científica con dedicación á Lírica Profana Galego-Portuguesa, Cantigas de Santa Maria e Prosa Literaria Medieval, obxecto de estudo do Arquivo Galicia Medieval (ARGAMED).

O principal obxectivo deste recurso dixital é ser unha ferramenta de apoio aos investigadores da literatura medieval galego-portuguesa, brindando a posibilidade de afinar na localización de referencias bibliográficas, a partir da elaboración de rexistros que contemplan unha serie de etiquetas especializadas e que serven como guía para o usuario. Ademais, BiRMed dá a coñecer a produción científica que se está a levar a cabo tanto en Galicia como noutras áreas xeográficas sobre a literatura medieval galego-portuguesa.

Nada como complemento dos proxectos Lírica Profana Galego-Portuguesa, Cantigas de Santa Maria e Prosa Literaria Medieval, BiRMED é un proxecto autónomo que ambiciona reforzar os seus resultados. Desde a apertura da súa primeira versión en 1998, BiRMED recompilou máis de 5000 fichas bibliográficas, ampliando, nas sucesivas versións, as posibilidades da ferramenta, que agora se mellorará coa actualización do propio etiquetado e dos campos de pescuda.

Dirección/Coordinación

  • Déborah González (desde 2021)
  • Mercedes Brea, Elvira Fidalgo e Pilar Lorenzo (2019)
  • Mariña Arbor Aldea (desde 2018)
  • Mercedes Brea, Esther Corral Díaz, Elvira Fidalgo e Pilar Lorenzo Gradín (ata 2018)

Persoal vinculado

Bolseiro

Pedro Basalo Bembibre (2021-)

Investigadora colaboradora externa

Paula Bouzas Rosende (2021-)

Colaboracións anteriores

BiRMED puido desenvolverse grazas á colaboración do persoal bolseiro con vinculación principal aos proxectos do Arquivo Galicia Medieval (Lírica profana galego-portuguesa, Cantigas de Santa María e Prosa Literaria Galega Medieval), durante os respectivos períodos de bolsa:

  • Antonio Augusto Domínguez Carregal
  • Carmen de Santiago Gómez
  • David González Couso
  • Déborah González Martínez
  • Diego Seoane Casás
  • Gaiferos Parrado Freire
  • Ignacio Rodiño Caramés
  • Isabel Vega Vázquez
  • Manuel Negri
  • María Alonso Torregrosa
  • Mariña Arbor Aldea
  • Marina Meléndez Cabo
  • Marta López Macías
  • Martiña Varela Rodríguez
  • Miguel A. Pousada Cruz
  • Pilar Zapico Barbeito
  • Ana Mª Louzán Casais
  • Francisca Martínez Rodríguez
  • Mª José Canedo Souto
  • Javier Castiñeiras López
  • Olalla García Martínez
  • Tania Vázquez García

Equipo informático

  • José Carlos Sánchez Rivas
  • Fernando Magán Muñoz ✝

Publicacións resultantes

Brea, M - A. Fernández Guiadanes (2014), «Recursos en línea del Centro Ramón Piñeiro para la Lírica Gallego-Portuguesa. MedDB, BiRMED y PalMED», en L. Soriano - H. Rovira - G. Sabaté - X. Expulga (eds.), Humanitats a la Xarxa: món medieval, Bern: Peter Lang, pp. 185-203.

Domínguez Carregal, A. A (2009), «BiRMED: Bibliografía de Referencia da Lírica Medieval Galego-Portuguesa», en F. Brugnolo (ed.), La lírica romanza del Medioevo: storia, tradizioni, interpretazioni. Atti del V Convegno triennale della Societá di Filologia Romanza (Padova - Stra, 27 settembre- 1 ottobre 2006), Padova: Unipress, pp. 601-614.